López Andrade expón paisaxes e bodegóns en Fene

López Andrade expón paisaxes e bodegóns en Fene

31 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A sala de exposición da Casa da Cultura de Fene acollerá durante o mes de abril unha exposición de pintura do artista venezolano, afincado en Ferrolterra, José de Jesús López Andrade. Segundo adianta o autor, na mostra amosaranse ao redor dunha trintena de cadros con paisaxes urbanas da zona, así como algúns bodegóns de flores e esceas de animais. 
A exposición de José de Jesús López Andrade poder&aacut

José de Jesús López Andrade cualifícase coma “un pintor figurativo, con formación académica en debuxo, pero autodidacta en materia de pintura”. Admirador dos pintores Impresionistas, adoita recoller as súas aportacións na súa obra, “sen deixar de lado outros factores como a perspectiva e a composición”. Estudiou debuxo artístico na Escola de Artes Visuais Cristóbal Rojas de Caracas -Venezuela. Profesionalmente, moveuse nas ramas da construcción e o debuxo técnico. Foi autónomo en deseño gráfico e rotulación e freelance en deseño de serigrafías.
   

Sociedade