Lazos denuncia a tardanza na resolución de subvencións

Lazos denuncia a tardanza na resolución de subvencións

02 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Lazos Pro Solidariedade de Ferrol denuncia o retraso na concesión de subvencións, feito que dificulta o normal funcinamento da entidade, segundo afirman. Teñen que recurrir a liñas de crédito que ao agotarse, poñen en perigo as actividades que desenvolven. 

A Xunta de Galicia convocou subvencións en febreiro deste ano para proxectos de prevención de VIH. 5 meses despois ainda non se publicou a resolución das subvencións. Lazos tamén denuncia que o Concello de Ferrol tampouco resolveu a súa convocatoria deste ano. Dentro do programa “Calor e Café en Rede” serviron almorzos a máis de 3.100 persoas ao longo do ano 2010. Pretenden configurar un espazo de soporte que minimice o impacto das drogodependencias. Todo iso nun entorno non culpabilizador e solidario, baseado no respeito aos dereitos humanos. A Asociación Pro Solidariedade atende a persoas usuarias de drogas no seu domicilio da rúa Doutor Fleming 8 en Ferrol.

Sociedade