Lazos recibe a solidaridade de moitos ferroláns

Lazos recibe a solidaridade de moitos ferroláns

12 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Seis entidades da comarca de Ferrol convocan un acto de solidaridade con Lazos, comité anti-sida de Ferrolterra. Lazos ven de sofrir un recorte nas subvencións que recibía mentras que en comparación co ano anterior, en 2011, a demanada que reciben aumentou o 300%. O comité antisida de Ferrol, Lazos ten denunciado recortes nas prestacións sanitarias básicas a persoas afectadas polo VIH. En tres semanas, rexistráronse 35 casos de persoas con Sida qu

Lazos indica que os recortes ademais tamén aumentan as dificultades de persoas inmigrantes. O comité anti-sida de Ferrol fundouse en 1985 e ven desde aquela prestando apoio e solidaridade a persoas afectadas polo VIH pero dun tempo a esta parte o seu labor ampliouse a outros problemas relacionados coa marxinalidade e con outras doenzas como a hepatite que presenta o colectivo de inmigrantes do Senegal. Así se refería Carlos varela de lazos aos inmigrantes que carecen de servicios básicos.

O acto de solidaridade con Lazos desenvolveráse o sábado 17 ás 11 da mañá na traseira do mercado de Caranza, na rúa Cuco Ruiz de Cortázar. Convocan a asociación Fuco Buxán, a asociación veciñal de Esteiro, o Ateneo Ferrolán, o colectivo Artabra 21 e o Foro Galego de Inmigración. Radio Filispim retransmitirá o acto cun programa en directo no 93.9 da Frecuencia Modulada. O acto coincide coa véspera da celebración do Dia de Acción Global contra o racismo e polos dereitos das persoas migrantes, refuxiadas e desprazadas.

Sociedade