Lei contra abandono

Lei contra abandono
28 de Setembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“Protexer aos animais que viven no noso entorno é un sentir maioritario da cidadanía”, afirma Sergio García Torres, o director xeral de Dereitos dos Animais, do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. Con ese propósito naceu a Lei de protección dos dereitos e o benestar dos animais que entra en vigor o día 29 de setembro, seis meses despois da súa publicación no BOE. 

ESCOITA O PODCAST:

“Reducir as altísimas cifras de abandono e o sacrificio 0 de animais sans” son os obxectivos que persegue a nova norma, que terá vixencia desde este venres, agás nalgúns aspectos que se irán aplicando progresivamente a medida que se vaia desenvolvendo o regulamento da Lei. O director xeral de Dereitos dos Animais explicou en Radio Fene esta primeira Lei, aprobada o pasado mes de marzo, que ten por obxecto establecer un marco comúńn mínimo en todo o territorio español para a protección, garantía dos dereitos e defensa dos animales de compañía. Quérese loitar contra o abandono de animais de compañía, “unha lacra importante, en España abandónanse en torno a 300.000 cada ano, cada comunidade autónoma ten unha norma e non hai unha coordinación na liña de protexelos”. Tamén establece “o sacrificio 0 de animais sans, en torno a 100.000 sacrifícanse cada ano en canceiras”, destacou o director xeral de Dereitos dos Animais sobre unha norma orientada a establecer ferramentas para a protección dos animais de compañía e silvestres en catividade.

Sociedade

Publica o teu comentario agora