A lei de Caixas a debate

A lei de Caixas a debate

07 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Os deputados Agustín Baamonde (PP), Sonia Verdes (PSdeG PSOE) e Fernando Blanco (BNG) participaron na tarde noite do venres nun debate sobre a lei de Caixas no Centro Cultural de Vilalba (Lugo). O investigador Manuel Roca actuou como moderador dun acto organizado polo periódico TerraChá.Xa e o Instituto de Estudos Chairegos.

Radiofusión, a rede de emisoras municipais galegas, retransmitiu o evento, que contou tamén con numeroso público na sala.

Sociedade