A Lei de Familia a Debate en Ferrol

A Lei de Familia a Debate en Ferrol

15 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As organizacións feministas da comarca de Ferrol organizan o xoves 16 unha Mesa informativa e de debate sobre “A Lei de Familia”. Deputadas no Parlamento Galego participan no debate dunha lei que consideran un atraso das conquista da igualdade.

INTERVIRÁN:

Pola Marcha Mundial das Mulleres , Vitoria Iglesias,
A deputada do PSdG no Parlamento de Galiza, Beatriz Sestayo,
A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Ana Pontón,  
A coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz.

Mulleres e organizacións feministas da Comarca de Ferrolterra organizan esta mesa informativa e de debate sobre a "Lei de Apoio á Familia e á Convivencia en Galicia", que será aprobada próximamente no Parlamento galego.

Ao entender das arganizacións de mulleres, esta lei supón un guillotinazo aos dereitos conquistados polas mulleres, porque, entre outras cousas, reforza o concepto de familia patriarcal, introduce o recoñecemeto de dereitos para as crianzas concibidas e “non natas”, e mesmo paraliza moitas das leis vixentes en materia de igualdade.

XOVES 16 DE XUÑO, ÁS 19:00 HORAS
NA GALERÍA SARGADELOS DE FERROL

Sociedade