Lembrando a infancia

Lembrando a infancia

28 de Xullo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cantaron e xogaron como facían cando eran meniños e meniñas pequenos. O grupo de persoas participantes no programa “Construíndo pontes” falaron este curso das primeiras anécdotas que lembran da infancia, explicaron como se xogaba ás bolas, ás tabas, á mariola ou como se fabricaba unha boneca de trapo. Xogos que se recollen na publicación “Lembranzas da infancia” que está a disposición dos interesados na

A publicación “Lembranzas da infancia” acompáñase cun DVD onde se reproducen cancións como “Mambrú se fué a la guerra” ou “El cocherito leré” , interpretadas polas persoas participantes do obradoiro. Tamén  gravaron, coa axuda duns nenos e nenas que colaboraron con eles, aqueles xogos de infancia que xa non poden exercitar os maiores, como as lombas ou a comba.

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, prometeu na presentación da publicación, o pasado 25 de xuño, a continuidade deste programa de recuperación da memoria que se desenvolveu nos locais dos SS SS en San Valentín. O II Obradoiro de memoria histórica de Fene rematou no mes de xuño. Neste curso contou coa participación de: Carmen feal, Juanjo Villanueva, Mª Luz Arias, Amparo Saavedra, Mª Carmen Rodríguez, María Dopico, Andrés Picallo, Antonio carballido e Mª Teresa Salgado. Organiza o obradoiro a concellería de Servizos Sociais e conta coa axuda da Deputación provincial da Coruña.

Sociedade