Lembranza de Pitusa Arias

Lembranza de Pitusa Arias
28 de Febreiro, 2024 - 08:57 h. | Publicada por Radio Fene

O número 34 da revista Ferrolanalisis preséntase este venres en Maniños. A publicación inclúe artigos en lembranza de María Xesús Arias “Pitusa” realizados por Xosé Manuel Sarille e Henrique Dacosta. Tamén se acompaña dun traballo de María Xesús Arias sobre o movemento asociativo de Fene. No acto intervirán a directora de Ferrolanalisis Esperanza Piñeiro, o director de Radio Fene Henrique Sanfiz  e a presidenta do club de Prensa Xulia Diaz.

Fotografía Xan Xe

O acto comezará o venres ás oito da tarde no local de Aetna, no campo da festa de Maniños. O club de Prensa agasallará cun exemplar da publicación a todas as persoas asistentes. 

Maria Xesús Arias "Pitusa", escritora e xornalista de Radio Fene, faleceu o 8 de abril de 2022.

Cultura

Publica o teu comentario agora