Lembranzas da infancia en Fene

Lembranzas da infancia en Fene

25 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O mércores 25 de xuño celebrouse na Casa da Cultura de Fene o acto de presentación da publicación e DVD de “Lembranzas da infancia” enmarcado no  programa de recuperación da memoria histórica de Fene, “Construíndo pontes”,  na que se recollen aqueles xogos e xoguetes que lles eran familiares na súa nenez e como foron evolucionando ou desaparecendo co paso do tempo. Tamén se recollen cancións. Para c

Con este  documento  deixase unha herdanza cun valor incalculable: a dos xogos, xoguetes e cancións de outrora coa finalidade que os nenos e nenas de agora e do futuro poidan seguir gozando dos xogos de toda a vida, eses que non requiren electricidade, nin pilas, nin pantallas... eses aos que se xoga con outros nenos e nenas, nos que  se usa a imaxinación, nos que se  corre, salta e canta; aqueles que permiten ser aínda pequen@s.
Con este traballo destácase a valiosa contribución que as personas participantes fan ás xeracións máis novas asi como a dos nenos e nenas que colaboraron na realización do DVD posibilitando unha convivencia interxeracional.

Celebrouse unha charla-coloquio entre representantes do grupo de traballo e as persoas asistentes, para compartir a súas vivencias e manter viva a historia inmaterial de Fene e fomentar o intercambio de información, o que conleva a desenvolver aprendizaxes coas xeracións máis nova e a sociedade no seu conxunto.

Participaron no obradoiro:Carmen Feal, Mª Luz Arias, Juanjo Villanueva, Amparo Saavedra, Mª Carmen Rodríguez, María Dopico, Andrés Picallo, Antonio Carballido e Mª Teresa Salgado.

A todas as persoas asistentes se lles entregou unha copia do documento elaborado.

"Construíndo pontes" desenvolvese no proxecto de Envellecemento activo e Participación social, subvencionado pola Deputación da Coruña e organizado pola concellería de SS SS que preside a edil, Juana Barro. 

Sociedade