As lendas de Merlín inspiran a última exposición de Francisco Pérez Porto

As lendas de Merlín inspiran a última exposición de Francisco Pérez Porto

09 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Na novela “La última fada”, a escritora Emilia Pardo Bazán conta que Merlín tiña unha discípula, a fada Bibiana, da que quedou prendado. A proveitando o namoramento do mago, a alumna foille aprendendo todos os seus segredos ata que conseguiu pechalo nunha árbore. Conta tamén a lenda que pasaron moitos anos ata que fada decidiu levantar o castigo ao bruxo e, nese tempo, comezaron a saír entre as follas da árbore, fermosas frores branc

Apaixonado das lendas e da mitoloxía popular, o ceramista Francisco Pérez Porto inspirouse nesta historia para montar a súa última exposición. “A prisión de Merlín en Brocelandia” amósase ata o vindeiro 28 de abril na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, na sede da Deputación de Lugo.

A mostra recolle as últimas pezas do artista entre as que se atopa unha representación do famoso bosque da Bretoña no que Merlín sucumbiu aos encantos da fada Bibiana. Tamén se amosan unha serie de figuras formadas por tubos e caras que se cruzan e se ensamblan uns cos outros. Son pezas, segundo declarou Pérez Porto a Radiofusión, que “non teñen ningún significado pero sí unha grande beleza estética”.

Xunto coas obras máis recentes, nesta exposición -comisariada por Aurelia Balseiro- incluíronse tamén algunhas pezas antigas do escultor, cadros cerámicos e algúns bocetos do Monumento a Castelao que Francisco Pérez Porto realizou para o Museo Carlos Maside.

Sociedade