As liñas de alta tensión de San Valentín baixo sospeita

As liñas de alta tensión de San Valentín baixo sospeita

14 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A ANPA do colexio A Xunqueira de San Valentín (Fene) considera que as liñas de alta tensión que discurren por riba co centro escolar son o máis grave problema que ten hoxe Fene. Os numerosos casos de enfermidades graves que se sucederon nos anos que leva aberto o centro, fai sospeitar á asociación de pais e nais que poderían estar relacionados coas liñas de alta tensión que pretenden sexan soterradas dunha vez. O pleno municipal aprobou a

O alcalde de Fene dirixirase á Conselleŕia de Sanidade para transmitirlle esa preocupación e solicitar o citado estudo sanitario, aínda que Gumersindo Galego recorde o custoso que sería o soterramento das liñas de alta tensión que ningún goberno local ata o momento conseguíu executar. O custe ascendería a 1 millón 240 mil euros, segundo as últimas estimacións. Gumersindo Galego amosou cautela á hora de dar a sua opinión. O presidente da Anpa, Eusebio Bustabad e outra representante da asociación, Silvia Ameneiro, insistiron en que chama a atención a cantidade de ex alumnos e profesores que enfermaron e mesmo faleceron de cancro e outras doenzas nos últimos anos.
Agora, o acordo plenario trasladarase á Consellería de Sanidade e veremos se recibe a atención que persigue a ANPA da Xunqueira.

Sociedade