Libro electrónico e en papel

Libro electrónico e en papel

20 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O futuro do libro electrónico é unha incognita, afirma o director de Edicións Xerais de Galicia Manuel Bragado. En Estados Unidos, disque van por diante nosa 4 ou 5 anos, o sector do libro electrónico supon o 20 ou o 25% do mercado. Posiblemente esa sexa a realidade nesta década.

A hibridación é consustancial á edición contemporánea. O tránsito no presente é da edición textual á hipertextual. A introducción de imaxes, sons e outro tipo de recursos, van xerar oportunidades para o coñecemento e para a criación. Chamarémoslle literatura hipermedia, apunta Manuel Bragado. E pon un exemplo:.

“Os coñecementos sobre cuestións médicas ou relacionadas coa investigación máis punteira, compártense por medios dixitais. Ningún doutor agarda pola publicación impresa e iso é unha benzón para a humanidade”.

Para o director de Edicións Xerais, ninguén pode agardar a desaparición do libro impreso. Nalgúns ámbitos é máis valorado que noutrora. Estamos a ver un rexurdir do libro fotográfico, ou en edicións impresas do ámbito educativo. As taboiñas ou tablets poden ser importantes para a educación dixital, pero van convivir con soportes impresos, conclue Manuel Bragado.

Sociedade