A Liga de Amigos recibe este sábado aos Barallobre

A Liga de Amigos recibe este sábado aos Barallobre

29 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Como vén sendo habitual, dende hai cinco anos, a derradeira fin de semana de xullo a Liga de Amigos de Barallobre organiza a xuntanza dos apelidados con este nome. A Xuntanza dos Barallobre é un encontro que se adoita aproveitar para falar da historia da parroquia, das orixes do apelido e dos propios Barallobre (entre os que se atopan personaxes senlleiros como Jacinto Barallobre, o protagonista da novela de Torrente Ballester “La Saga Fuga de J.B.” ou Andr&

A V Xuntanza dos Barallobre celébrase mañá sábado. Ás once e media da mañá recibiranse a perto de 40 persoas co apelido Barallobre e aos seus familiares que participan no evento. A directiva da Liga de Amigos de Barallobre acollerá aos visitantes procedentes de distintos puntos de Galicia e de España e, probablemente, de México.

Tras a recepción, a xornada de convivencia continuará coa visita ao reformado peirao de Barallobre. Ás dúas da tarde, levarase a cabo un xantar de confraternidade composto de aperitivos variados, langostinos cocidos dúas salsas, xarrete de tenreira asada con pementos e patacas, viño, postre, café e chupitos.

Os lazos de amizade, creados grazas á celebración deste evento nos últimos catro anos, levou aos Barallobre a solicitar unha xuntanza máis íntima para compartir o día entre eles con intensidade. Tania Piñeiro, compoñente da directiva da Liga de Amigos de Barallobre, destacou a boa relación existente entre os participantes e organizadores desta xa tradicional xuntanza. Arredor dunhas 50 persoas espalladas, sobre todo, por Galicia, España, Sudamérica e Centroamérica posúen este apelido, sinalou Piñeiro.

Unha carta dunha apelidada Barallobre inquirindo sobre a orixe do seu apelido ao director de Radio Fene, Henrique Sanfiz, foi a primeira pedra para a organización desta celebración. Sanfiz presentou esta proposta á Liga de Amigos de Barallobre que foi recibida con interese. Unha semente que xermolou nesta iniciativa.

Sociedade