Limodre que bonito é

Limodre que bonito é
20 de Abril, 2021 - 01:20 h. | Publicada por Radio Fene

Idalia Regueiro, veciña de Limodre, convidada no obradoiro "Fene na Memoria".

ESCOITA O PODCAST:

Na sala Perla de Perlío actuaron os dous grupos que hoxe amenizaron o obradoiro “Fene na memoria” e a usuaria convidada, Idalia Regueiro, non só identificou a Juan Pardo e a Los tres Sudamericanos, senón que os veu en directo na sala de Perlío. Desde o Campanario ao Marco de San Lourenzo hai medio km. O marco segue sendo lugar de peregrinación para deixar moedas, prendas de roupa ou acender velas, confirmounos Idalia. Por Laraxe ou por Prismos podese ir desde Limodre ao marco de San Lourenzo. Idalia falounos tamén da igrexa vella, da reitoral que hoxe na non é e dos camiños que levan a San Xoán de Piñeiro. O Lodairo e a Pedreira ou o centro de interpretación de Caldoval son lugares para visitar cercanos a Limodre, recomendados pola convidada. A proposta do psicólogo Jaime Lendoiro para facer na casa é facer un diario dun día. 24 horas da vida dos usuarios e usuarias, en detalle e por escrito.

(Autira da fotografía, Maite Martínez)

Sociedade

Publica o teu comentario agora