Limodre volve invadir Redes

Limodre volve invadir Redes

28 de Xullo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Este sabado 2 de agosto é a data elexida para a guerra que anualmente manteñen os vikingos de Limodre (Fene) e os piratas de Redes (Ares). A Invasión  viquinga de Río Castro, que comeza co asalto por mar e terra, será contra as seis da tarde, segundo José Miragalla do bar o Emigrante.

Despois da batalla no mar e no peirao de Redes, os viquingos retornan ao areal de Almieiras para participar na festa organizada polo Mesón O Emigrante de Limodre, que acolle arredor de 1000 persoas, segundo os últimos datos do ano pasado.

Mantense  aberto o período de inscripción para o acontecemento, no propio bar O Emigrante. Custa 20€ que inclúen a camiseta, a cea a base de empanada e churrasco e bebidas ata as 12 da noite, baixo carpa e a música que este ano chegará da man dos grupos The Cerne e On the band. A madrugada continúa coa música dun Dj.

Todo está preparado, unha ampla zona de aparcamento nas inmediacións da praia, así como unha zona de acampada.

Sociedade