Lisboa acollerá a I Xuntanza da Xuventude Galega en Europa

Lisboa acollerá a I Xuntanza da Xuventude Galega en Europa

13 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A capital portuguesa acollerá durante os días 6, 7 e 8 de novembro o evento que dará forma definitiva a Xuventude Galega en Europa (xuga.eu), unha asociación xuvenil con identidade galega e dimensión europea, que se vén xestando desde hai varios anos a través da motivación da mocidade galega procedente de moitos e moi diferentes puntos de Europa, (Suíza,

Se ben xuga.eu tivo as súas orixes nunha primeira toma de contacto en París 2007, pero sobre todo nos Congresos de Frankfurt 2008 e Lausanne en abril deste 2009, o presente evento terá lugar en Lisboa co fin de favorecer o coñecemento mutuo das sociedades galega e portuguesa nun contexto de integración europea a través da nosa xuventude, de aproveitar o ambiente de multiculturalidade que esta cidade proxecta desde hai séculos e sobre todo agradecer a axuda esencial que o Centro Galego en Lisboa brinda para a ocasión, así coma e o pulo económico dende certos sectores institucionais lusos e galegos para elo.

Seguindo o programa desta I Xuntanza da mocidade galega europea, as actividades a desenvolver no Centro Galego de Lisboa terán como obxectivo favorecer a integración e comunicación dos participantes a través de diferentes expresións: culturais, deportivas, asociativas ou formativas, primando en todas elas a participación activa dos presentes.

O seguinte programa está pensado para unha afluencia aproximada de 80 participantes, entendéndose como participante todo mozo galego/a procedente de diferentes lugares de Europa ou do mundo. Doutra banda, está prevista a asistencia a certas actividades do evento de parte dos propios socios do Centro Galego de Lisboa, de mozos lisboetas, portugueses e doutras nacionalidades (nese mesmo acto está prevista a actuación de un grupo de baile caboverdiano), así como de periodistas tanto portugueses como galegos, autoridades e calquera persoa con interese no contido do programa.

Sociedade