Lobeira acude a Fene para falar do saneamento da ría

Lobeira acude a Fene para falar do saneamento da ría

15 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O candidato á alcladía de Fen do BNG,  Juventino Trigo, protagonizará outro acto o proximo martes, acompañado nesta ocasión polo parlamentario do Bloque, Bieito Lobeira. “A Defensa da nosa ría. Obxectivo prioritario do BNG” é título da charla informativa que darán na Liga de Amigos de Barallobre o martes da vindeira semana, o 19 de abril, ás 8 da tarde.

 Co candidato á alcaldía e co parlamentario , sentarase o biólogo da confraría de Barallobre, Joam Luís Ferreiro Caramés. Hai un mes as confrarías de Ferrol, Barallobre e A Coruña presentaron un Manifesto pola recuperación das rías, no que esixen ao Goberno español e á Xunta de Galiza unha serie de medidas para salvagardar unha das fontes de riqueza máis importantes da nosa economía.O BNg ven de presentar iniciativas diante do Congreso e no Parlamento Galego, esixindo o remate urxente das EDAR e reclamando a sua operatividade no ano 2012 a máis tardar. Ese será o tema da charla do candidato do Bloque Barallobre.

Sociedade