Localizan en Madrid ao xove desaparecido hai dez dias en Fene

Localizan en Madrid ao xove desaparecido hai dez dias en Fene

22 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A familia de David T.N. recibiu unha chamada da Policia Nacional de Madrid á unha desta madrugada. Encontráronno na capital do Estado despois de dez dias de desaparición. Fixeron os seiscentos quilómetros de estrada esta noite e esta mañá reencontráronse con David. Encontráronno delgado pero ben de saúde. Comeu con apetito e a primeira hora da tarde emprenden viaxe con destino a Fene.

Uns axentes atopárono en Madrid cando camiñaba só pola rúa, e tras pedirlle a documentación e comprobar o seu DNI saltou a alerta da súa desaparición. Os seus pais recibiron o aviso ao redor da 1 da madrugada, polo que se desprazaron até a capital para atoparse con el.

David T.N saiu da súa casa o pasado martes 13 de agosto sen dicir a onde ía. Ao non retornar ao domicilio, a nai deu a voz de alarma e puxo unha denuncia por desaparición. O xove de dezasete anos collera un bus a Ferrol e ao dia seguinte retirou cartos dun caixeiro automático en León. Desde aquela a familia non sabía do seu paradeiro, ata que esta madrugada rematou a súa anguria. 

Sociedade