Loita polo tren

Loita polo tren
02 de Febreiro, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG demanda acelerar os traballos de mellora do tren Ferrol-Coruña. Urxe a construción do by-pass de Betanzos, necesario para acurtar o tempo da viaxe. O deputado Nestor Rego reclama ao Ministerio de Transportes investimentos para mellorar os servizos ferroviarios e a implantación do tren de cercanías que dea servizo a unha área con máis de 650.000 habitantes

 

ESCOITA O PODCAST:

“O Goberno ten unha débeda que saldar, seguimos reclamando que poña os medios para que ese servizo ferroviario de proximidade sexa unha realidade. Hai cercanías de RENFE en todas as áreas metropolitanas, excepto nas galegas, non hai xustificación”, opina. “O tren é o modo de mobilidade do futuro, un medio de transporte público que pode substituír milleiros de vehículos particulares e resolver problemas de contaminación e atascos”, asegura. “No caso da rede do Ancho Métrico existen algunhas partidas para actuacións en marcha e previstas, grazas á intervención do BNG pois foi un dos elementos que incorporamos no seu día ao acordo de investidura, pero a nós aínda nos parece insuficiente. No que ten que ver coa liña de Ferrol-A Coruña non hai esa previsión, hai unhas partidas ridículas para o by-pass de Betanzos, que non permiten iniciar un proxecto serio, é unha manobra por parte do Ministerio. Reclamamos actuacións urxentes de mellora da plataforma, do trazado nalgúns casos, e de construción do by-pass de Betanzos que permitiría reducir os tempos”. “Tamén se debería implantar o servizo de cercanías entre A Coruña e Ferrol porque é unha rexión urbana que ten máis de 650.000 habitantes, implica maiores frecuencias e prezos atraentes, con funcionamento garantido e regular, precisamente o que non existe hoxe, que nos parece urxente implantar”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora