Lorena Souto gaña a XXIV edición do Premio Pérez Parallé de poesía

Lorena Souto gaña a XXIV edición do Premio Pérez Parallé de poesía

29 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha xove licenciada de 28 anos, Lorena Souto, gañou a XXIV edición do Premio de Poesía Pérez Parallé do Concello de Fene, co poemario titulado"Fase de trema" . O xurado da XXIV edición reuníuse onte á tarde no CMI Unidade de Fene para fallar o galardón literario. Formaron parte do mesmo as escritoras, Rosa Aneiros, Andrea Nunes e Marica Campo.

Tras a deliberación, decidiron por unanimidade escoller a obra titulada “Fase de trema”. Aberta a plica, a obra resultou ser da autoría de Lorena Souto, xove licenciada en Filoloxía pola Universidade de Santiago, membro do consello de redacción da revista Dorna que obtén, con este premio, o primeiro galardón da súa carreira literaria.

Lorena Souto naceu no Páramo en 1983 (28 anos) e reside en Santiago de Compostela. O galardón entregarase o 19 de novembro no CMI de Fene, nun acto especial que contará coa presencia da poeta galardoada. O seu poemario, que competía con outros 26, publicaráse na editorial Espiral Maior.  

Sociedade