Los Zares e Nena Daconte na Coruña, Carlos Baute e Marta Sánchez en Vigo

Los Zares e Nena Daconte na Coruña, Carlos Baute e Marta Sánchez en Vigo

04 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Uns pican e outros non. Como os pementos de Padrón, tamén nos concertos do verán hai total variedade de tarifas. Desde as actuacións que se poden contemplar pola patilla, ata aquelas onde hai que estirarse máis, rebuscar no peto ou exprimir á familia. En calquera caso esperemos que non se repitan a falla de organización e o descontrol que presidiron o concerto de Bruce Springsteen do pasado domingo en Santiago de Compostela.

Carlos Baute e Marta Sánchez actuan de xeito conxunto esta noite en Vigo nunha das únicas oportunidades do verán para ver e oir en directo a interpretación do Colgado en tus manos.A actuación desenvolveráse na explanada do peirao de trasantlánticos da cidade olívica. O prezo da entrada en taquilla alcanza os 20 euros, 18 se se adquire de xeito anticipado na web de Caixanova.

 

Menos desembolso terán que facer os coruñeses que queiran gozar esta tarde noite coa música. As oito da tarde no Cantón actuan Los Zares, grupo de Fene que toca música dos anos 60 e 70. As dez e media da noite principiará na Praza de María Pita a actuación de Nena Daconte. A entrada é libre. 

 

Cultura