ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os traballadores da empresa auxiliar de Navantia, Clece, demandaron esta mañá que unha vez pase esta crise, Navantia volva externalizar o servizo de loxística do almacén que prestaban estes 27 traballadores. Reclaman igualmente preferencia á hora dos novos contratos na empresa que subcontrate o estaleiro.
Esta mañá concentráronse baixo unha intensa choiva ás portas de Navantia Ferrol en Esteiro. Os traballadores e traballadoras demandaron ademais a normalización das irregularidades coa empresa Clece e que lles paguen as nóminas que lles debe aínda esa empresa, para pechar así a súa relación laboral con ela. A traballadora de Clece, Pilar Moreno, levaba 14 anos neste traballo, pasando por tres empresas diferentes e agora vese na rúa. Outro operario, Antonio Otero, demandaba que cando Navantia volva externalizar o servizo, que conte con eles.
O representante de CCOO, Víctor Ledo, aproveitou esta concentración para denunciar outra irregularidade no goteo de empresas auxiliares que Navantia vai cesando nas súas funcións. É o caso de SPRIL que presta o servizo de prevención e de bombeiros en Navantia Cartaxena, Cádiz e Ferrol; con 6, 10 e 35 traballadores afectados, respectivamente. Denunciou esta situación irregular porque os estaleiros non poden quedar sen este servizo.