Luís Piedrahita, Gonzo, Lucía Etxebarría e Kiko Veneno danse cita en Cans

Luís Piedrahita, Gonzo, Lucía Etxebarría e Kiko Veneno danse cita en Cans

20 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Arrinca hoxe o VI Festival de Cans, o evento de maior sona do rural galego que cada ano achega a numerosos persoeiros do eido audiovisual e musical a esta parroquia do concello de O Porriño para ocupar os seus alpendres e galpóns e montar nos seus chimpibuses. Desta volta, pasarán polo festival o monolguista e director de cine Luís Piedrahita, o xornalista Gonzo, a escritora Lucia Etxebar

Ademais, nesta ocasión o Festival de Cans conta con moitas novidades: a sección “Fillos de Cans” na que os directores que participaron no certame amosan os seus proxectos; un “disco Chimpín” para un Dj que pincha desde un chimpín; a gravación dunha serie de televisión en pleno festival ou a celebración dunha visita dos directivos de televisións de todo o Estado convidados polo Clúster. Nesta ocasión, o Premio Pedigree irá para Javier Villaverde pola súa traxectoria no sector audiovisual, e Camilia Bossa e un veciño da localidade (Silvino) levarán “Chimpíns de prata 09” polo seu traballo a prol do certame.

Igualmente, un ano máis, o Festival de Cans inclúe na súa programación o “Coloquio na leira” que nesta edición terá como protagonista a Manuel Martín Cuenca, director de filmes como La flaqueza del bolchevique , Malas Temporadas ou o documental Carrillo, último testigo que vén de ser presentado no Festival de Málaga e que está sendo proxectado nos cines. Martín Cuenca estará acompañado de Antonio Durán “Morris” actor co que traballou varias veces e xuntos abrirán o coloquio sobre se “¿de verdade se pode dirixir aos actores?”.

Hoxe arrinca o festival

A programación do festival comeza hoxe mércores co “Día dos veciños”, unha xornada dirixida principalmente aos veciños e veciñas de Cans e que estará protagonizada pola música e a memoria da parroquia e da estrada que a cruza. Será a partir das 21.00 horas no Baixo do Moncho, e contará coa actuación especial do músico porriñés Pancho Álvarez.

Pancho presentará os temas do seu último disco, Sólidos galicianos. Ademais interpretará o cantar de cego que circulou nos anos 50 sobre un tráxico accidente de autobús que tivo lugar en Cans naquela década. Unha peza especial que se recupera para a ocasión, con debuxos do deseñador e debuxante Juancho Castaño.

A xornada complétase coa estrada do documental “A estrada de Cans”, de Juanma Lodo, a presentación do Especial Festival de Cans da Revista Kalaikia e cun animado serán no que participarán os veciños e veciñas da parroquia. Toda a xornada será retransmitida por Internet, en colaboración coa produtora Pai Música.

Cultura