Lucero del Alba de Neda canta en Ferrol

Lucero del Alba de Neda canta en Ferrol

17 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Lucero del Alba abarrotou a Casa da Cultura de Neda no acto de presentación da madriña do 2010, Almudena Falcón. Para eles ese é o seu acto principal das Pepitas, segundo opresidente da agrupación, Andrés Pena.

E qué decir da orgullosa madriña que nunca perdeu ese acto ao que asistiu sempre co seu pai dende que levaba chupete. Almudena Falcón. Son 48 os compoñentes da Rondalla Lucero del Alba de Neda. O máis pequeño, o acordeonista Serafín Santamariña de 12 anos e o director, Angel Carro, que ademais de dirixir, encargase de arreglar as pezas do repertorio. Este ano estrean duas: unha danza popular “Mujer” arreglada por él e un vals “Pepita” do que é autor o compoñente dos Zares, Carlos Noche. 

Unhas pezas que soarán máis dunha vez na comarca porque Lucero del Alba canta mañán 18 de marzo na noite ferrolana das Pepiras, o sabado na Residencia de maiores de Esteiro. Participarán na ronde de Mugardos e a primeiros de abril están convidados no CMI Unidade de Fene.  

Sociedade