ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O actor Luis Tosar levará este ano o premio anual concedido pola ONG Implicadas no Desenvolvemento en recoñecemento ao seu apoio incondicional a actividades solidarias. O protagonista de Celda 211 presentará ademais, xunto con Iolanda Castaño a gala da entidade en Santiago de Compostela.
Este domingo, 8 de xaneiro, ás 20.30 h, Implicadas no Desenvolvemento dará saída á súa cita anual coa cultura e a solidariedade. E da man da organización, artistas como Berrogüetto, Mónica de Nut Trío, Coro da Ra, Mónica García, Eva Veiga, Estevo Creus, Teresa Moure, Carlos Santiago, Isabel Risco ou Marta Pazos (& co.). O encontro, conducido por Luís Tosar e Yolanda Castaño, terá lugar, unha vez máis, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, sé do Implícate, noite de música e palabra solidaria! desde o ano 2007.
O Implícate, que se ven celebrando en Compostela cada ano desde o 2005, combina o mellor da música, danza, teatro e literatura feita en Galicia para visibilizar o traballo de Implicadas cun dobre obxectivo, lúdico e tamén de reflexión da sociedade.
Ao longo da noite entregarase, ademais, o Premio Implicada do Ano, que nesta edición 2012 recaerá sobre o actor Luís Tosar polo seu apoio incondicional á organización creando espazos nos que a voz de Implicadas poida oírse no mundo do teatro galego.
As entradas, que tamén se poden adquirir no propio Teatro Principal os días 3, 4 e 8 de xaneiro, están xa a venda na taquilla electrónica de NOVAGALICIA (http://entradas.novagaliciabanco.es, venta de entradas, ou no 902 43 44 43) onde se habilitou tamén unha fila cero (entradas 5€) para aquelas persoas que non poidan asistir ao espectáculo, pero desexen facer unha achega económica. A recadación irá, coma sempre, destinada aos proxectos de desenvolvemento de Implicadas na India.
As entradas xa están á venda na taquilla electrónica de Novagalicia Banco.
Máis información en www.implicadas.com