A luz da infancia

A Galiña Azul de Perlío (Fene) vive unha xornada de portas abertas no empezo do curso escolar
04 de Setembro, 2019 - 01:35 h. | Publicada por Radio Fene

Pendente de resolverse o baremo de setembro, a escola infantil Galiña Azul de Perlío ( Fene) ten practicamente as prazas cubertas. Hoxe viven unha xornada de portas abertas ás familias.

ESCOITA O PODCAST:

Hoxe arrancou oficialmente o curso para o alumnado das escolas infantís da Xunta de Galicia. As escolas Galiña azul de Perlío e de Barallobre iniciaron o curso esta mañá cunha xornada de portas abertas ás familias. Achegámonos á de Perlío para comprobar que neste momento ten 47 crianzas matriculadas das 61 prazas das que dispón. Queda por cubrir algunha praza de bebés e catro prazas de 2 a 3 anos, pero está por resolver o baremo de setembro. Resérvanse catro prazas para emerxencia social. Logo no mes de decembro volve haber unha matrícula extraordinaria para bebés, segundo nos explica a directora do centro, Carolina Cruz,coa que falamos esta mañá.

O horario escolar na escola de Perlío vai das 7,30h ata as 16,30h con comedor incluído. As instalacións están en perfectas condicións para encarar o novo curso. So falta que medre o cespede no exterior para disfrutar ao completo do centro que chama a atención polos amplos espazos e a cantidade de luz natural que o inunda.

Institucional

Publica o teu comentario agora