Máis de 200.000 galegos no paro

Máis de 200.000 galegos no paro

03 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O MInisterio de Traballo publicou esta mañá os datos do desemprego no mes de xaneiro. Ese mes o número de parados medrou en Galicia en 11.413 persoas, co que a cifra de desempregados rebasa o listón simbólico das 200.000 persoas. De todos os xeitos, o incremento do paro na comunidade autónoma, é menor que o do conxunto do estado.

O número de parados rexistrados na Comunidade galega aumentou en 11.413 en xaneiro, o que significa un 6,01 por cento máis que no mes anterior, co que a cifra de desempregados nesta autonomía subiu ata os 201.316. No conxunto de España, o incremento do paro o mes pasado foi de 198.838, un 6,35 por cento máis que dos contabilizados en decembro, e o número de desempregados chega aos 3.327.801, segundo os datos difundidos hoxe polo Ministerio de Traballo e Inmigración.

En taxa interanual a subida do paro na Comunidade galega foi de 40.154, un 24,92 por cento -o menor incremento do Estado-, mentres que no conxunto de España foi de 1.065.876, un 47,12 por cento.

Trala cifra de xaneiro, os desempleados masculinos na Comunidade galega sitúanse en 89.558 e os femininos en 111.758. Dos parados na autonomía, 201.316, un total de 21.105 son menores de 25 anos de idade (11.996 varóns e 9.106 féminas).

SECTORES E PROVINCIAS

En canto aos sectores, o paro rexistrado en Galicia incrementouse en todas as actividades, sobre todo nos servizos (en 7.690 persoas, un 7,46 por cento), seguido da construción (en 1.785, un 6,58), a industria (en 1.060, un 3,5 por cento), no colectivo sen emprego anterior (en 742, un 3,14) e na agricultura (en 136 persoas, un 2,34 por cento).

Así, Galicia contabilizou en xaneiro 110.759 desempleados no sector servizos, 31.315 no da industria, 28.923 na actividade da construción, en 24.377 no colectivo sen emprego anterior e 5.942 na agricultura. Por provincias, o mes pasado subiu nas catro galegas, sobre todo na de Pontevedra (en 4.698, un 6,36 por cento), seguida da da Coruña (en 3.643, un 4,81), a de Ourense (en 1.575 persoas, un 7,02 por cento) e a de Lugo (en 1.497, un 8,38 por cento).

Igualmente, no último ano o desemprego incrementouse en todas as provincias. Así, na de Pontevedra fíxoo en 18.802 (un 31,48 por cento); na da Coruña, en 14.530 (un 22,4); na Ourense, en 3.699 (un 18,21); e na de Lugo, en 3.123 (un 19,24 por cento).

Tras estes datos, a provincia coruñesa é a que ten máis desempregados das galegas, con 79.410 parados; seguida da Pontevedra, con 78.532; a de Ourense, con 24.016; e a de Lugo, con 19.358.

CONTRATOS

Por outra banda, en xaneiro formalizaronse en Galicia un total de 54.595 contratos, un 8,28 por cento máis que en decembro e unha cantidade un 27,57 por cento inferior á do mesmo mes do ano pasado.

Destes, 6.928 tiveron carácter indefinido, un 35,02 por cento máis que en decembro e un 32,08 por cento menos que en xaneiro de 2008. En canto aos temporais, que sumaron 47.667, supoñen un 5,25 por cento máis que o mes pasado e un 26,87 por cento menos que hai un ano.

Sociedade