Máis de 2.500 galegos sumáronse ás listas do paro durante febreiro

Máis de 2.500 galegos sumáronse ás listas do paro durante febreiro

02 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

As listas do INEM engrosáronse en Galicia en 2.543 persoas durante o mes de febreiro. Esta cifra supón un incremento do 1,1% con respecto a xaneiro e eleva a 234.171 o total de desempregados na nosa comunidade, segundo os datos que difundiu esta mañá o Ministerio de Traballo. No conxunto do Estado o paro subiu en máis de 82.000 persoas, o que significa un aumento do 2.03%.

Como “inasumibles” cualificou estes datos en Radiofusiòn a responsable da Secretaría de Previsión Social de Comisións Obreiras, Clara Gamarra. A representante sindical pediu que as Administración impulsen de inmediato medidas de recuperación do emprego, en especial en sectores como a construción, o enerxético ou o tecnolóxico. Gamarra solicitou tamén un maior control das fraudes. Asegura que algunhas empresas con carga de traballo botan aos seus traballadores porque lles resulta máis rendible volvelos contratar de xeito ilegal.

Sociedade