Máis de 600 quilos de fungos e cogumelos na XX feira adicada a estes produtos outonais

Máis de 600 quilos de fungos e cogumelos na XX feira adicada a estes produtos outonais

28 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O mellor sabor a outono  prepárase en As Pontes, onde o vindeiro domingo  1 de novembro terá lugar a XX edición da Feira de Fungos e Cogomelos. Coa intención de exaltar o magnífico produto existente nos montes de Gañidoira e Faladoira, realizaranse diferentes actividades con este manxar como protagonista.

A XX Feira de fungos e cogomelos de As Pontes desenvolverase nunha carpa sita no patio do Colexio Santa María. As actividades comezarán ás nove da mañá con concursos de cestas dos cogomelos que opten ao certame. O fallo darase arredor do medidodía e ás doce e media entregaranse os premios. O evento tamén inclúe concurso de fotografía, mostra de oficios tradicionais a cargo da Asociación de Artesáns do Eume, animación de rúa, conferencias ou venda de produtos de outono.

O día grande da Feira é o Día de Todos los Santos, coa esperado acontecemento popular, a degustación de más de seiscientos quilos cociñados dos fungos e cogomelos en brochetas, cocidos, albóndigas, patés, empanadas ou croquetas. Haberá tamén obradoiros de maridaxe de setas e viño e degustacións de queixo e mel da zona. O menú integrado por tres pratos e postres todos con especies micolóxicas servirase ao mediodía ao prezo de oito euros. Deste xantar encargaranse os cociñeiros Jesús Blanco e Luis Tuñas.

Entretemento garantido con sabor a “fungos e cogomelos”.

Sociedade