Máis de catrocentas persoas corren a San Silvestre

Máis de catrocentas persoas corren a San Silvestre
29 de Decembro, 2023 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de catrocentas persoas participarán  na carreira popular San Silvestre de Fene. 314 atletas nas diferentes categorias e 152 participantes na andaina, sairán o sábado as cinco da tarde da Praza Ramón Souto. A entrega de dorsais comezará este venres , ás dez da mañá, no salón de plenos da Casa do Concello. 

A novena edición da carreira popular San Silvestre- Concello de Fene terá lugar este sábado, día 30. Despedir o ano correndo é unha das posibilidades que ofrece a Concellería de Deportes, que anima a todas as persoas participantes a acudir disfrazadas á proba. Atletas federados ou non participarán na carreira que conta con distintas categorías. Desde a de Biberóns á Absoluta. A saída será a partir das cinco da tarde. A meta tamén estará situada diante da Casa do Concello. E para quen non queira ou non poida correr hai a posibilidade de participar na Andaina. As distancias oscilan segundo as categorías. Dos 50 metros que faran os biberóns ata os 5.000 dos corredores que participen na categoría absoluta. Estes serán os primeiro sen sair. Os últimos serán os Sub14, que o farán ás oito menos cuarto. As persoas que participen na Andaina sairán ás seis menos cinco e deberán percorrer o circuito de 2,5 quilómetros nun tempo máximo de vintecinco minutos. Ademais dos trofeos aos gañadores, haberá unha medalla conmemorativa todas as persoas que participen. 

 

Na imaxe, carreira San Silvestre de Fene. 2015.

Deportes

Publica o teu comentario agora