Máis lectura e moitos crucigramas

Máis lectura e moitos crucigramas
16 de Maio, 2021 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

O confinamento levou a un máximo histórico o índice de lectura en Galicia. O 57 por cento da poboación leu con frecuencia durante o estado de alarma, aínda que o medre da poboación que le libros ao menos unha vez ao trimestre foi inapreciable:  o 68,8% en 2020 fronte ao 68,5 do período anterior. Unha vez á semana le libros, un 57%. O tempo adicado aos libros tamén subiu. Nos meses do estado de alarma alcanzáronse as oito horas e 25 minutos semanais. A media do ano foi unha hora menos. Máis lectura, un pouco de televisión e facendo crucigramas. Así pasou a primeira etapa do confinamento a veciña de Limodre Idalia Regueiro. 

ESCOITA O PODCAST:
Igrexa nova de Limodre

No confinamento, botou en falta non poder ver aos fillos nin aos netos. Ao vivir no rural hai zona para esparexemento. Na casa tiña sitio para andar por dentro na horta da súa propiedade sen saír afora. A pesar das vacinas, é necesario continuar coas precaucións do distanciamento e do uso das máscaras. Pensar sobre todo nos sanitarios que o deron todo por coidar á poboación. Continúan traballando ao pé do canón. Idalia Regueiro foi a convidada esta semana no espazo Fene na memoria, que realizan os Servizos Sociais de Fene en colaboración con Radio Fene.

Cultura

Publica o teu comentario agora