Máis voz para a logopedia

Máis voz para a logopedia
19 de Outubro, 2021 - 01:04 h. | Publicada por Radio Fene

As patoloxías de lectoescritura e da fala tratan na actualidade diferentes problemas que antes non se atendían. A logopedia xa non aborda unicamente o problema para pronunciar a r, non tratan só voces moi resgadas que chaman a atención.  A logopeda Elena Rivas falounos esta mañá das patoloxías máis habituais nas cordas vocais. 

ESCOITA O PODCAST:
Elena Rivas, logopeda

As persoas cando sofren un ictus dirixen a súa atención en primeiro lugar á recuperación da mobilidade. Pero recuperar a fala e a capacidade de comunicación tamén é crucial. Profesores, actores de dobraxe, teatro deben seguir prácticas de hixiene bucal para conservar todas as potencialidades da voz. Somos os da r. Pero a logopedia tamén trata temas de deglutición e engloba un feixe de patoloxías. Logopedia, terapia ocupacional, fisioterapia, trastornos do aprendizaxe, atención, memoria e psicoloxía. Son todas áreas que abordan desde o centro Amilogo, aberto a pasada semana na avenida das Pías, 6 en Fene.  
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora