Médicos do Mundo denuncia a situación de escravitude das “mulleres de vida alegre”

Médicos do Mundo denuncia a situación de escravitude das “mulleres de vida alegre”

23 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O tráfico de persoas vencellado á explotación sexual é un modelo de escravitude herdado do século XX. Cando menos, así o pensa José María Freire, representante da oenegué Médicos do Mundo. Dende este colectivo veñen traballando en proxectos de inclusión social para as mulleres que viven da prostitución e no que, ademais de ofrecerlles apoio psicolóxico, infórmanas dos seus dereitos no relativo ao acceso

Dende Médicos do Mundo denuncian que a prostitución é un problema que cómpre combater de xeito global, entendendo que ten dúas caras: “por un lado as mulleres que sofren a explotación, pero polo outra os homes que se lucran e os que demandan os seus servizos e aos que cómpre sensibilizar”, aclara José María Freire. No debate arredor da posible legalización ou regulación da prostitución, Médicos do Mundo defende que a única saída é a abolición dunha práctica que viola os dereitos da muller, e que hai que remediar ofrecendo ás vítimas explotadas outras alternativas para sobrevivir. 

A oenegué Médicos do Mundo expón no Centro Comercial Área Central a mostra Mulleres de vida alegre? sobre a explotación sexual e que se poderá visitar ata finais do presente mes.

Sociedade