A música da paixón

A música da paixón
03 de Maio, 2022 - 08:24 h. | Publicada por Radio Fene

Os himnos dos equipos de fútbol son exemplo da paixón que representan as cores e as camisolas do balompé. Dicia Eduardo Galeano que unha persoa pode cambiar de parella, de partido político ou de relixión. Pero do que non cambia ao longo da súa vida é do seu equipo favorito. Por iso os himnos do Barcelona ou do Sevilla son o compendio musical dun sentimento. En Fene o Fútbol sala Boandanza tamén contou no seu dia cun himno, con letra de Emilio Balado e música e interpretación de Daniel Adzemian.

ESCOITA O PODCAST:
Cartaces do F.S.Boandanza

O Boandanza formouse en 1986 por un grupo de amigos capitaneados por Pedro Rodríguez Quintía. Foi unha das entidades fundadoras da Liga Nacional de Fútbol Sala. Ao rematar a tempada 87-88 ascendeu á División de Honra. Un dos seus momentos estelares foi o 22 de outubro de 2022, cando a selección española de fútbol sala xogou contra Axerbaixán no pavillón polideportivo de San Valentin. Ata o 2006 o Fútbol Sala Boandanza, durante 30 anos levou o nome de Fene polos pavillóns deportivos de boa parte da península.

Deportes

Publica o teu comentario agora