Música para apoiar unha escola de “Semente Trasancos” na comarca

Música para apoiar unha escola de “Semente Trasancos” na comarca

15 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un Festival a favor do proxecto de escola infantil en galego “Semente Trasancos” levaráse a cabo o domingo vintecinco de xaneiro no Auditorio municipal  de Narón, na praza de Galicia. Haberá actuacións musicais, proxección dunha curta, sorteo dunha obra de Leandro Lamas e contos de Antón Cortizas. No cartel musical están "Xavier Díaz", "Os dous de sempre máis un" e "Vai rañala meu". As en

Iria Garcia, de Semente Trasancos, explicounos que están na busca dun local onde establecer a escola “Semente Trasancos” na comarca, e que probablemente sexa Narón o sitio escollido.  Para iso se fai o festival, para recadar fondos pero tamén para divulgar o proxecto que xa é unha realidade en Santiago de Compostela dende hai tres anos, e en Vigo, onde empezou a funcionar este curso, con grande éxito. “Semente” ten unha filosofía e metodoloxía  alternativas á escola tradicional, segundo Iria García. Estas escolas acollen crianzas de entre 2 e 6 anos. A espectativa é que a escola “Semente Trasancos” entre en funcionamento o próximo curso ou antes, con toda probablidade en Narón.

O festival celebrase o domingo 25 de xaneiro, ás 18 horas, no Auditorio municipal de Narón.

Sociedade