Música para todos os gostos en Fene

Música para todos os gostos en Fene

07 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Limodre conmemora a vindeira fin de semana os festexos na honra da súa patrona Santa Olaia. As actividades comezarán cun baile no local social da parroquia o venres dia 10. No descanso ofrecerá unha exhibición a parella formada por Adrián Vieito e Iria Ameneiros, terceiro premio no Campionato de Galicia de Baile e premio á mellor parella de baile latino en Narón. Adrián ademáis da clases de baile latino en Limodre.

Xa o sábado ás oito da tarde San Valentín celebra o seu XXVI Festival de Panxoliñas no salón de actos do Colexio A Xunqueira. Actuará a coral polifónica do barrio.

E o grupo Estimaba que viñeras ofrecerá tamén un concerto o sábado a partir das once da noite no pub Galatea, na rúa Cruceiro de Perlío. 

 

Sociedade