Mabel Rivera recibe esta noite o Premio Cineuropa 2009

Mabel Rivera recibe esta noite o Premio Cineuropa 2009

16 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A gala de entrega do Premio Cineuropa 2009 a Mabel Rivera celebrarase ás nove desta noite no Teatro Principal de Compostela. A seguir proxectaranse os documentais Unha lousa sobre o Caurel e Planta de Gas: o salario do silencio, coproducidos pola actriz xunto a Henrique Banet e nos que dá mostras do seu criterio políti

Mabel Rivera naceu en Ferrol en 1952. Iniciouse no teatro nos anos 70, participando aproximadamente en dez espectáculos antes de 1984, ano no que participa na fundación do Centro Dramático Galego, onde comeza a traballar como profesional incorporándose a Agasallo de sombras, un dos primeiros elencos desta compañía dirixida por Roberto Vidal Bolaño. Tamén intervén para o CDG en Os vellos non deben de namorarse (1985), de Castelao, O enfermo imaxinario, de Molière, e As alegres casadas (1989), de William Shakespeare, as tres obras dirixidas por Eduardo Alonso.

En 1987 funda Teatro do Malbarate, dentro do cal intervén nas obras Xogos de damas (1987), de Ánxel R. Ballesteros; Galicia, S.L. (1988), de varios autores -ambas as dúas dirixidas por Eduardo Alonso-; Inventarios (1990), de Philippe Minyana e dirixida por Fernanda Lapa; e Xogos á hora da sesta (1991), de Roma Mahieu, con dirección de Cándido Pazó.

Tamén en televisión intervén na miniserie La bella Otero (2007), de Jordi Frades. Ese mesmo ano obtén o Premio Mestre Mateo como mellor actriz secundaria en papel cinematográfico por Hotel Tívoli, de Antón Reixa.

Na súa filmografía destacan tamén as súas intervencións ás ordes de Milos Forman en Os fantasmas de Goya (2006); de Juan Antonio Bayona en O orfanato (2007); así como a participación en Esperpentos (2007), de José Luis García Sánchez segundo os textos de Valle, e en Galanas (2009), de Samuel Martín Mateo.

Cultura