Magalofes festexa o San Xurxo

Magalofes festexa o San Xurxo

15 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Chegan esta semana a Fene as primeiras festas patronais da temporada, as de San Xurxo de Magalofes, o sabado e domingo. Baixo unha carpa acturán o primeiro día a orquestra Xente Nova e o trío Altani. O domingo unha charanga animará a mañá na parroquia e Xente Nova afrecerá as pezas do mediodía. Os dous dias celebraranse misas ás 12,30, a do domingo cantada polo coro  parroquial de San Martiño

A presencia da charanga é unha das novidades no San Xurxo deste ano, segundo o presidente veciñal, manuel Pico.
Antes das festas, o local social organiza o venres unha xornada especial que empezará ás 6 da tarde con xogos para oa rapaces no cmapo da festa dende as 6 da tarde. Despois haberá degustación de liscos, e o Dj Josy da Graver porá musica. A xuventude é a principal destinataria desta última parte. Ás 8 da mañá recibiran o día con chiculate con churros.   

Sociedade