Mala Rodriguez actua este domingo en Vigo

Mala Rodriguez actua este domingo en Vigo

07 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Mala Rodriguez segue creando un son alleo a modas e estilos pechados, lonxe dun hip hop puro e preto do funk, do soul ou do flamenco, sempre co fraseo desenfrenado da Mala por enriba de todo e sen deixar indiferente a ninguén. Con "Malamarismo” (Universal 07), o seu último disco, confirmou a súa posición privilexiada como un dos máximos exponentes do hip hop en español

O xa mítico directo de Mala, caracterízase desde sempre, pola mestura de tensión e entrega entre o público e María. O seu concerto pechará o domingo a noite, a novena edición de O Marisquiño, un evento deportivo consolidado a nivel internacional que contará tamén con importantes exhibicións de graffiti e break dance.

 

A novena edición de O Marisquiño agarda superar os 30.000 visitantes da anterior edición. Reunirá ao mellor do panorama mundial dos deportes alternativos na explanada do naútico e no peirao de transatlánticos de Vigo. Entre as probas previstas figura un descenso urbano de mountain bike.

 

Sociedade