Mamá non vai vivir toda a vida

Mamá non vai vivir toda a vida

11 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Amor filial”. Chámase así  a obra que se representa este domingo, 13 de marzo,  no ciclo Domingos a escea. A Agrupación Teatral Mariñán de Betanzos representará, no Centro cívico de Caranza (Ferrol) ás sete da tarde, esta comedia escrita por Angelo Malone. O reparto confórmano José Luis Mañana, Juan J. Vázquez, Sara Zabalza e Inés Valiño.

Amor filial xira arredor da relación de dous irmáns (Francisco e Juan) que esperan con arelas a morte da súa centenaria nai mentras lles acosan os problemas das súas diferentes e infelices vidas. A discusión que manteñen esa noite desenvólvese a un ritmo frenético cheo de pequenas doses de mezquindade e grandes doses de realidade. 

A entrada para a representación é de balde.

Sociedade