Maniños celebra as festas na honra da Virxe do Carme

Maniños celebra as festas na honra da Virxe do Carme

06 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Duas lanchas de pasaxe encherán os veciños-as de Maniños (Fene A Coruña) na festa do Carme do 15 de xullo. A procesión, unha ofrenda florar, as pezas do mediodía e a verbena completarán a xornada.

 A festa comezará coa tradicional procesión da Virxe , que sairá da igrexa parroquial ás 10 e media e percorrerá a estrada á ribeira, adornada ese día  con flores e espadanas.  A banda de música “Vila de Cedeira” acompañárá a procesión ata o peirao. A comisión de festas agarda que ese día as instalacións portuarias estean en bon estado para acoller  a misa. Mariela Aguilar. CORTE AGUILAR PEIRAO 06 07

A Coral O Pote cantará na misa ao aire libre. As lanchas faránse á mar  para realizar a ofrenda floral recordando aos mariñeiros falecidos.

A banda de música “Vila de Cedeira” desfilará cara o campo da festa. Alí o grupo Ceniza amenizará a sesión vermout, dende as 2 da tarde. Ceniza repetirá na gran verbena, acompañada pola orquesta Abanico, a partir das 10 da noite.

A véspera percorrerá a parroquia de Maniños un grupo de gaiteiros.

Sociedade