Maniños inaugura unha Escola de Cerámica

Maniños inaugura unha Escola de Cerámica

13 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Auspiciada pola Sociedade O Pote e a Asociación etnográfica Aetna, esta tarde inaugúrase en Maniños (Fene) a Escola de Cerámica onde impartirá clases a artista fenesa, Carmen Romero. A escola ubícase no muíño do Pombal de Maniños, un escenario incomparable, segundo a artista fenesa que xa trasladou ao lugar todos os elementos necesarios para a impartición das clases.

De momento as clases impartiránse os luns de 17 a 19h. Todo está preparado, o forno abaixo e as clases no andar superior, onde hai luz natural para dar renda solta ás máns e á cabeza, segundo declarou a ceramista Carmen Romero, autora da colección "Mulleres Mariñas"
A matrícula está aberta no propio muíño e nese horario, os luns de cinco a sete da tarde. O prezo é 30 € mensuais, que inclúen todo o material que se utilizará nas clases. Carme Romero ve como un privilexio que a escola de imparta nese lugar, no muiño do Pombal, ubicado na estrada da Palma, moi perto dos locais sociais do Pote e de Aetna, impulsoras da iniciativa.
Esta tarde celebrase no muíño unha festa de apertura da Escola de Cerámica.

Sociedade