Maniños recauda para as festas do vran

Maniños recauda para as festas do vran

31 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A comisión de festas de Maniños - Fene- organiza unha churrascada para o vindeiro sábado 4 de xuño. Con actividades ao longo de toda a tarde, festa infantil e pola noite, máis festa co DJ Susinho.

O prezo por persoa situase en 8 euros para os que collan o ticket antes de pasado mañá xoves. O mesmo día ascenderá a 10 euros. Serviráse churrasco, criollos, chourizos, cachelos, pan e bola, segundo indicou Mariela Aguilar, da comisión de festas. A churrascada da comisión de festas de Maniños comezará o sábado 4 de xuño ás duas da tarde no campo do Pote. Unha carpa albergará aos asistentes.

Sociedade