Maniños, un luxo de campo

Maniños, un luxo de campo

27 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O estado do campo de fútbol de Maniños (Fene) causa envexa entre todos os visitantes da zona. Unha verdadeira alfombra verde cubre o rectángulo de xogo, sen deixar espazo para as calvas ou lameiras que abundan noutros campos da categoría da Segunda Autonómica, e ainda en divisións superiores.

Faustino Freire Formoso (vicepresidente) e o seu irmán Adolfo (tesoureiro) explican o segredo do mantenemento do campo do Pote, indicando que se require botar un abono diferente cada dous ou tres meses. Ademáis salienta que durante os meses de verán precísase levantarse todos os dias ás sete da mañá para regar o campo antes de que saía o sol.

A directiva do Cultural Maniños presidida por Manuel González González chega á asamblea anual ordinaria cos deberes feitos. As contas con superavit e un presuposto anual que rondou esta temporada os 24.000 euros son os principais números que se presentarán aos socios. Forman na actualidade o club de fútbol un total de 189 asociados. Os seus principais ingresos proceden da subvención do Concello de Fene, cuotas de socios, publicidade no campo e axuda da Deputación Provincial. A asamblea reuniráse mañá domingo no salón de actos do Pote de Maniños ás 12 en primeira convocatoria e as 12,30 en segunda.

Deportes