Maniños volverá a ter Festipote no verán

Maniños volverá a ter Festipote no verán

29 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Comisión organizadora das festas de Maniños- Fene- ponse a traballar porque o éxito acadado o verán pasado déulles azos para repetir na organización dos festexos do 2012. Repiten a receita e polo tanto a promoción de eventos ao longo do inverno e da primavera  cos que implicar aos veciños-as e recadar os fondos necesarios para as festas. Confirman que o 25 de agosto, na víspera da romaría, celebrarán o II Festipote.

O mércores 7 de decembro, nos locais do Pote, celébrase a primeira cea-baile organizada pola Comisión, cun menú a base de boi de mar, xarrete e postre ao prezo de 18€ . A cea estará amenizado pola orquestra Xente Nova.  Os membros da comisión de festas de Maniños, Mariela Aguilar e José Antonio García confirmaron que organizarán as festas do ano que ven e que serán outra vez as Festas do Carme, o 15 de xullo; do Divino Salvador. 6 e 7 de agosto; o Pote o domingo 26 de agosto. E o Festipote, na víspera da romaría, o sabado 25 de agosto, segundo confirmou, Mariela Aguilar.

José Antonio García chamou á colaboración da veciñanza nestas actividades para lograr as mellores festas no verán, de momento á cea-baile do dia 7. Este ano a comisión de festas de Maniños ampliouse con máis colaboradores. Se repiten o do ano pasado, quedan por diante aínda unha cea, un xantar e unha churrascada para recadar fondos.

Sociedade