Manolo de Perlío visto por Siro

Manolo de Perlío visto por Siro

28 de Febreiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Ciber de Mao- na Avda do Concello de Fene-  inaugura mañá a sexta exposición dende que as instalacións fenesas contan cunha sala para tal fín. Nesta ocasión é o ferrolán Siro López o que dará contido á mesma cunha selección de Retratos de personaxes diversos, dos que a estrela será Manolo de Perlío, o sogro do director teatral, Carlos Basoa, e moi amigo do debuxante. Acompañar

 Siro López é un destacado debuxante e caricaturista que comezou a súa carreira a principio dos anos 70 ao mesmo tempo que traballaba como delineante no estaleiro Bazán. Desde entón participou en numerosas publicacións e periódicos que hoxe continúan. Tamén colaborou na Ilustración de libros e publicacións de distintos autores e el mesmo é o autor de varios ensaios e unha obra de teatro. Siro recibiu numerosos premios como o Merlín (en 1980 e 1996),  Enxebre Orde da Vieira, 1982 , o Premio Fernández Latorre (1986) ,foi nomeado Ferrolán do ano (1991),  Premio Xornalismo  da Xunta de Galicia (1991), a Medalla dá Prata de Galicia (1997) e o Premio Galicia Comunicación (2001), ademais do Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro en 2003.

RETRATOS permanecerá exposto no Ciber de Mao durante todo o mes de Marzo, o horario é de Luns a Venres de 10:30 a 13:30 H e de 17:00 a 21:30 H, o Sábado de 10:30 a 13:30H.

Sociedade