A marea vermella inundou Prados Vellos

A marea vermella inundou Prados Vellos

08 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Máis de 300 siareiros do Numancia de Ares animaron de xeito incansable ao seu equipo no partido das semifinais da Copa da ría, xogado na tarde de onte no campo municipal de Prados Vellos. O equipo visitante, o Eume Deportivo, adiantouse no marcador, pero o Numancia deulle a volta ao resultado con 2 tantos de Borja. Ao remate, un empate 2-2, apraza a sentencia ata o vindeiro domingo en Pontedeume.

Con moita emoción viviuse en Ares o encontro de ida das semifinais da Copa da ría. Con emoción e con moita choiva que lle deu rapidez ao balón no campo de cesped artificial. O Numancia irá a Pontedeume a gañar o vindeiro domingo. Para o adestrador do Eume, Juan Fernández, o empate é xusto e él quedou satisfeito do papel desempeñado polos seus xogadores.

Sociedade