ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Unha historia sobre o que supón contar historias, sobre como e por que se fan”, así define o historietista galego Mariano Casas a súa nova novela gráfica A historia xamais contada xamais contada. A obra preséntase por primeira vez ás nove desta noite no Jazz Club Dado Dadá de Compostela. Alí, o autor falará do proceso creativo deste libro, amosando as diferentes fases do
Ao igual que aconteceu con Mensaxes, coa que Casas gañou o Premio Castelao de Banda Deseñada, A historia xamais contada xamais contada “reflexiona sobre a propia narración (visual ou escrita) e nela aparecen tamén os xogos metalingüísticos nos que o medio narrativo se converte en parte protagonista da narración”, segundo afirmou o propio autor en Radiofusión.
Mariano contou para a elaboración da obra cunha das axudas á creación de banda deseñada que convocou o pasado ano a Consellaría de Cultura. Isto supuxo que tivera que traballar a un ritmo frenético para poder investir a subvención da Xunta na edición.
A historia xamais contada xamais contada sae á venda cunha tirada de mil exemplares e en galego; aínda que probablemente nun futuro se edite tamén en castelán.