As mariscadoras coas mans baleiras

As mariscadoras coas mans baleiras

13 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Pasada unha semana, as mariscadoras da Confraría de Barallobre volvéronse a manifestar este mediodía en Ferrol. Diante do edificio da Xunta da cidade departamental amosaron o seu malestar ante a falla de resposta ás súas demandas por parte do goberno galego. Nestes sete días marisquearon no Lombo de Neda e acharon un auténtico desastre.

Nin os límites permitidos de ameixa acadaron as mariscadoras de Barallobre. Traballaron en batea toda a semana no lombo de Neda que segundo a presidenta da confraría, Virginia Souto, está totalmente esquilmado polos furtivos. Ante isto, reclaman a súa equiparación co resto do sector de flote.

Deron conta da súa situación vía fax á Consellaría do Mar sen recibir contestación algunha. Hai que lembrar que tiñan permitido recoller 4 quilos de ameixa fina e 7 de babosa no Lombo de Neda e 3 de fina, 3 de xapónica e 6 de babosa en Barallobre e quedaron moi lonxe de chegar ata estas cifras.

Sociedade