Marisol Gándara recibe esta noite en Fene o Pérez Parallé de poesía

Marisol Gándara recibe esta noite en Fene o Pérez Parallé de poesía

17 de Novembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello e o CMI Unidade de Fene entregan esta tarde-noite o XXV Premio Internacional de poesía Pérez Parallé. A gañadora desta edición, Marisol Gándara, recibirá da man do Alcalde de Fene a estatuiña deseñada polo fillo do poeta, Francisco Pérez Porto. As 8 da tarde comezará o acto que nesta ocasión, por ser o 25 aniversario, reunirá a varios dos poetas premiados en sucesivas edicións para recitar alg&u

A gañadora, Marisol Gándara, dirixirase ao público para falar de “Testamento poético” o poemario gañador que ella adica a Eva Veiga, e que resultou seleccionado entre un total de trinta e cinco poemarios. Ao remate, actuará o Coro da Rá, baixo a dirección de Ramón Bermejo. O Coro dá Rá, de Santiago de Compostela, é unha formación vocal de 50 compoñentes que conta con 19 anos de historia. Ofrece as súas versións “a capella” de famosos temas da historia do soul, do rock, do pop, do jazz e da música brasileira. Este grupo mesmo participou en anuncios publicitarios e gravou un cd: “Fráxil”.

O premio de poesía “Pérez Parallé” consiste na publicación do volume na colección de poesía Espiral Maior, dirixida polo poeta Miguel Anxo Fernán Vello, e conta por primeira vez dunha gratificación ecónomica de 500 €.

Sociedade